O
edificio do pazo é de aire romántico e foi obra de Genaro de la
Fuente Dominguez. O pazo conta con 54 hectáreas de xardín e
arboredo. Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos,
castiñeiros e bidueiros e outras especies exóticas pouco comúns
nos nosos bosques e xardíns.
O pazo de Lourizán e os xardíns foron mercados pola deputación de Pontevedra á Caixa de aforros provincial de Pontevedra cedéndoos despois ao Ministerio de Educación para usalo como centro de investigacións ambientais e Experiencias Forestais. Hoxe en día forma parte do Centro de Desenvolvemento Sustentable da consellería de medio ambiente. O centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten como obxectivos a protección, conservación e a mellora do patrimonio forestal de Galicia,



































































