martes, 20 de diciembre de 2016

Nadal

Feliz Nadal !!


Todo comenzou pola ambientación do centro. Os alumnos de 1º e 3º foron os principais autores xa que fixeron abetos con cartón de dúas formas: por ensablado e outros pola unión de circunferencias concéntricas. Todo isto máis a maxia do Nadal provocou un cambio de cara.

















En 1º ESO fixemos adornos de nadal con material reciclado.



  






Elaboramos folerpas de neve con formas xeométricas e bolas trasparentes onde introducimos unha folla ou froito dunha árbore xunto cun desexo solidario.







En Infantil, primaria e secundaria enchemos postais de nadal con bos desexos, que logo transformamos en árbores polas paredes do centro.










En terceiro de ESO fixemos unha cadea de regalos reciclados entre os compañeiros, con imaxinación e cariño...

lunes, 5 de diciembre de 2016

diverso

No mes de decembro os nosos compañeiros de ASPAVI e os alumnos do C.P.I. Curros Enríquez xuntáronse na plaza do Concello para facer unha serie de actividades nas cales ninguén se podería sentir diferente.
Comezamos elaborando un cartel con follas de liqudámbar, que nesta época teñen unha gama moi "diversa" de cores que van do vermello máis intenso ao amarelo máis claro:



Tivemos unha charla do tenista galego Martín de la Puente, que nos contou a súa experiencia nas paraolimpiadas de Río e nos demostrou o seu afán de superación.











Organizáronse diferentes grupos dirixidos por un adulto, estes ian seguindo unha serie de probas moi divertidas nas cales os alumnos do Curros Enríquez e os de ASPAVI participamos xuntos e axudámonos uns aos outros. Ao rematar os xogos, os monitores organizaron unha sesión de zumba para bailar todos e divertirse mentras facían deporte.

contosdeArbores

Este proxecto trata de achegar aos rapaces de secundaria ao mundo da ilustración. A proposta era a de ler un conto que tivese como protago...