Aproveitamos
a materia de Valores Éticos de 1º ESO para traballar unha obra de
teatro: “el árbol de Julia” de Luis Matilla. Traballamos todos
os valores relacionados con esta historia basada nun feito real dunha
nena que se sube a unha árbore para evitar que a talen.
Realizáronse
experiencias de lectura, debate, anáilse oral, improvisación,
expresión corporal, relación coa contorna, conexión coas árbores
e a ecoloxía, mellor coñecemento persoal, traballo en grupo,
traducción, emprego das TIC, traballo colaborativo,..
Ao
tratarse dunha materia con só unha hora semanal non houbo o tempo
suficiente para a montaxe da obra, pero si se rematou o libreto en
lingua galega e unha pequena curtamentraxe de 8 minutos onde se
plantexa a temática da obra. Agradecemos a colaboración de Manuel,
o profe de Lingua Galega que fixo unha revisión do texto e mellorou
a calidade do escrito que traballamos.















No hay comentarios:
Publicar un comentario