este blog quere contar todas as experiencias que realizamos no CPI Curros Enriquez de Pazos de Borben arredor do proxecto das árbores
jueves, 15 de junio de 2017
contosdeArbores
Este proxecto trata de achegar aos rapaces de secundaria ao mundo da ilustración. A proposta era a de ler un conto que tivese como protagonista a unha árbore, pero sen descubrir as ilustracións, de xeito que as alumnas e alumnos tiñan que imaxinar as súas propias personaxes.
A lectura tamén nos axudaba á reflexión sobre os valores da ecoloxía na nosa sociedade.
proxecto: “The GivingTree”
Dende os departamentos de Inglés e Educación Plástica sobre o texto de Shell Silverstein en Inglés traballaranse os valores da relación dun neno cunha árbore, e, por extensión, dos homes coa natureza.
proxecto: “A Árbore da escola”
Dende o departamento de Educación Plástica sobre o texto de Antonio Sandoval en Galego vimos como a actitude dun neno na súa escola modifica todo o ambiente nela para melloralo.
lunes, 12 de junio de 2017
aArboredeXulia
Aproveitamos
a materia de Valores Éticos de 1º ESO para traballar unha obra de
teatro: “el árbol de Julia” de Luis Matilla. Traballamos todos
os valores relacionados con esta historia basada nun feito real dunha
nena que se sube a unha árbore para evitar que a talen.
Realizáronse
experiencias de lectura, debate, anáilse oral, improvisación,
expresión corporal, relación coa contorna, conexión coas árbores
e a ecoloxía, mellor coñecemento persoal, traballo en grupo,
traducción, emprego das TIC, traballo colaborativo,..
Ao
tratarse dunha materia con só unha hora semanal non houbo o tempo
suficiente para a montaxe da obra, pero si se rematou o libreto en
lingua galega e unha pequena curtamentraxe de 8 minutos onde se
plantexa a temática da obra. Agradecemos a colaboración de Manuel,
o profe de Lingua Galega que fixo unha revisión do texto e mellorou
a calidade do escrito que traballamos.
Xogarmos dende a igualdade
Diego,
o profe de Educación Física de primaria, proponnos elaborar xogos
populares para o patio. Trasladamos de novo esta proposta ás TIC de
4º e elaboramos un plano do centro para distribuir os diferentes
xogos polo patio, a idea é promover xogos populares que melloren a
nosa convivencia e fomenten a igualdade. Dámoslle unha volta máis e
propoñemos a temática das árbores para que sexan máis didácticos
para os alumnos de primaria: nomes de árbores, siluetas, de follas,
froitos,... temos a intención de que pasen a formar parte do espazo
de convivencia diario. Primeiro pensamos e propoñemos temáticas e
deseños, logo comezamos por restaurar os xogos do patio cuberto, que
levaban sen renovar case dez anos. O ano que ven seguiremos...


viernes, 9 de junio de 2017
A paisaxe castelá
Na clase de lingua española de 4º ESO descubrimos do valor lírico da paisaxe a
través dos autores de xeración do 98, particularmente da poesía
de Antonio Machado e á paisaxe soriana.
Recitamos e escoitamos os poemas dedicados á
paisaxe dos escritores de principios de século, con versións recitadas e musicadas.
Comparamos a arte literaria e a
pictórica, con especial atención á técnica impresionista, que
utilizan escritores como Machado, Baroja, Azorín e Miró.
CalendarioOghamArbores
-“A maxia dos
bosques”
buscar información
sobre os celtas e os druídas e sobre o alfabeto ogham ou alfabeto
arbóreo celta.
A cada alumno se
lle asignou unha árbore do alfabeto ogham, (procurando que a arbore
asignada fora á que correspondía coa súa data de nacemento).
Debuxar a árbore, as follas e os froitos e buscar a que letra do
alfabeto ogham correspondía e o nome en gaélico, inglés e
castelán.
Buscar información
sobre a árbore: características, época de floración e segundo o
calendario arbóreo celta época na que rexe esa árbore, significado
máxico, significado terapéutico, tendo en conta que a información
tiña que estar sempre relacionada cos celtas e cos druídas que
habitaban nos bosques. Realizar unha presentación en power point na
clase.
Os debuxos dos
alumnos foron escaneados para facer un alfabeto e un calendario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
contosdeArbores
Este proxecto trata de achegar aos rapaces de secundaria ao mundo da ilustración. A proposta era a de ler un conto que tivese como protago...
-
Este proxecto trata de achegar aos rapaces de secundaria ao mundo da ilustración. A proposta era a de ler un conto que tivese como protago...
-
Aproveitamos a materia de Valores Éticos de 1º ESO para traballar unha obra de teatro: “el árbol de Julia” de Luis Matilla. Traballamos ...















































