Dende
o día 20 de Marzo estivose traballando nun pequeno proxecto de
plantar árbores froiteiras no noso centro.
Nesta
actividade os nosos alumnos, ademáis de aprender o respecto pola
natureza e a mellora do noso centro escolar aprenderon a situar,
medir, repartir, trazar circunferencias con corda, grafiar con
plantilla, aprender nomes científicas de especies, achegarse a
escritos literarios nos que as árbores son as protagonistas,
visibilizar a arte contemporánea, facer prácticas de composición
fotográfica, analizar as paisaxes da escola, traballar de xeito
cooperativo, aprender entre iguais,
xerar vinculos entre o alumnado e do alumnado co profesorado,
traballar a inclusión doutras linguas,...
O
proxecto parte da necesidade de mellorar a valoración social dos
espazos naturais que habitamos, logo de plantexar as súas
características,estrutura e problemáticas.
Tamén
se pretende fomentar a transversalidade dos contidos, facendo posible
diferentes enfoques dende diferentes materias, tentando que todas as
aportacións enriquezan a visión de conxunto.




















No hay comentarios:
Publicar un comentario