Nesta
visita á cidade de Vigo aprovietamos para ver unha exposición
excepcional do fotógrafo Sebastião
Salgado, organizada pola obra social La Caixa, e sitauda na rúa do
Príncipe, onde se fai o percorrido pola súa obra “Xénese” na
que fotografía co seu estilo persoal en branco e negro algúns dos
lugares máis recónditos do mundo, amosándonos a forza da natureza,
e os diferentes modos que ten o ser humano para convivir con ella.
Tamén
nos falan do seu proxecto de repoboar unha floresta do Brasil:
Aimorés, un pobo do interior do estado de Minas Gerais onde medrou o
fotógrafo. Alí se situa o instituto Terra, onde se finacia un
proxecto de reforestación que conseguiu a volta de centos de
especies vexetais e animais.
As
imaxes de Salgado fannos reflexionar sobre o papel da humanidade no
planeta, e sobre outros modos de observar e ver unha paisaxe que
inconscientemente deterioramos e imos perdendo co noso modo de vida.





No hay comentarios:
Publicar un comentario