viernes, 31 de marzo de 2017

visitaLourizán

No século XV foi habilitado como "granxa" e desta época conserva o pombal ameado de planta circular.
O edificio do pazo é de aire romántico e foi obra de Genaro de la Fuente Dominguez. O pazo conta con 54 hectáreas de xardín e arboredo. Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiros e outras especies exóticas pouco comúns nos nosos bosques e xardíns.










O pazo de Lourizán e os xardíns foron mercados pola deputación de Pontevedra á Caixa de aforros provincial de Pontevedra cedéndoos despois ao Ministerio de Educación para usalo como centro de investigacións ambientais e Experiencias Forestais. Hoxe en día forma parte do Centro de Desenvolvemento Sustentable da consellería de medio ambiente. O centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten como obxectivos a protección, conservación e a mellora do patrimonio forestal de Galicia,

jueves, 30 de marzo de 2017

ExpoSebastiãoSalgado

Nesta visita á cidade de Vigo aprovietamos para ver unha exposición excepcional do fotógrafo Sebastião Salgado, organizada pola obra social La Caixa, e sitauda na rúa do Príncipe, onde se fai o percorrido pola súa obra “Xénese” na que fotografía co seu estilo persoal en branco e negro algúns dos lugares máis recónditos do mundo, amosándonos a forza da natureza, e os diferentes modos que ten o ser humano para convivir con ella.
Tamén nos falan do seu proxecto de repoboar unha floresta do Brasil: Aimorés, un pobo do interior do estado de Minas Gerais onde medrou o fotógrafo. Alí se situa o instituto Terra, onde se finacia un proxecto de reforestación que conseguiu a volta de centos de especies vexetais e animais.







As imaxes de Salgado fannos reflexionar sobre o papel da humanidade no planeta, e sobre outros modos de observar e ver unha paisaxe que inconscientemente deterioramos e imos perdendo co noso modo de vida.

miércoles, 22 de marzo de 2017

Día das árbores

Dende o día 20 de Marzo estivose traballando nun pequeno proxecto de plantar árbores froiteiras no noso centro.














Nesta actividade os nosos alumnos, ademáis de aprender o respecto pola natureza e a mellora do noso centro escolar aprenderon a situar, medir, repartir, trazar circunferencias con corda, grafiar con plantilla, aprender nomes científicas de especies, achegarse a escritos literarios nos que as árbores son as protagonistas, visibilizar a arte contemporánea, facer prácticas de composición fotográfica, analizar as paisaxes da escola, traballar de xeito cooperativo, aprender entre iguais, xerar vinculos entre o alumnado e do alumnado co profesorado, traballar a inclusión doutras linguas,...

O proxecto parte da necesidade de mellorar a valoración social dos espazos naturais que habitamos, logo de plantexar as súas características,estrutura e problemáticas.










Tamén se pretende fomentar a transversalidade dos contidos, facendo posible diferentes enfoques dende diferentes materias, tentando que todas as aportacións enriquezan a visión de conxunto.

domingo, 12 de marzo de 2017

AsNosasPaisaxes

Con esta actividade pretendemos observar e estudar as árbores do noso centro, como inflúen na imaxe e nos espazos nos que convivimos a diario.

































Como primeiro paso, tomamos fotos de todas as árbores. Unhas en época de outono e outras ao comezo da primavera cando comezaron a florecer.





Consultamos con Loli, a profesora de primaria, que nos axudou a nomealas. A partir diso, buscamos información.

Recollimos follas e debuxámolas na aula





Finalmente, colocámolas na foto aérea do terreo do colexio.

contosdeArbores

Este proxecto trata de achegar aos rapaces de secundaria ao mundo da ilustración. A proposta era a de ler un conto que tivese como protago...