Feliz
Nadal !!
Todo
comenzou pola ambientación do centro. Os alumnos de 1º e 3º foron
os principais autores xa que fixeron abetos con cartón de dúas
formas: por ensablado e outros pola unión de circunferencias
concéntricas. Todo isto máis a maxia do Nadal provocou un cambio de
cara.
En
1º ESO fixemos adornos de nadal con material reciclado.
Elaboramos
folerpas de neve con formas xeométricas e bolas trasparentes onde
introducimos unha folla ou froito dunha árbore xunto cun desexo
solidario.
En Infantil, primaria e secundaria enchemos postais de nadal con bos desexos, que logo transformamos en árbores polas paredes do centro.
En
terceiro de ESO fixemos unha cadea de regalos reciclados entre os
compañeiros, con imaxinación e cariño...
































































