No
mes de decembro os nosos compañeiros de ASPAVI e os alumnos do
C.P.I. Curros Enríquez xuntáronse na plaza do Concello para facer
unha serie de actividades nas cales ninguén se podería sentir
diferente.
Comezamos elaborando un cartel con follas de liqudámbar, que nesta época teñen unha gama moi "diversa" de cores que van do vermello máis intenso ao amarelo máis claro:
Comezamos elaborando un cartel con follas de liqudámbar, que nesta época teñen unha gama moi "diversa" de cores que van do vermello máis intenso ao amarelo máis claro:
Tivemos unha charla do tenista galego Martín de la Puente, que nos contou a súa experiencia nas paraolimpiadas de Río e nos demostrou o seu afán de superación.
Organizáronse
diferentes grupos dirixidos por un adulto, estes ian seguindo unha
serie de probas moi divertidas nas cales os alumnos do Curros
Enríquez e os de ASPAVI participamos xuntos e axudámonos uns aos
outros. Ao rematar os xogos, os monitores organizaron unha sesión de
zumba para bailar todos e divertirse mentras facían deporte.











No hay comentarios:
Publicar un comentario