jueves, 8 de junio de 2017

As árbores na aula de infantil



Ao longo deste curso escolar os alumnos e alumnas de educación infantil tres anos realizamos diferentes actividades que gardan relación coas árbores:

No mes de novembro xunto coa celebración do magosto realizamos unha degustación de froitos de outono. Identificamos a procedencia do froito en cuestión (castaña-castiñeiro; noz- nogueira; laranxa-laranxeira; uva-vide; avelá- aveleira; entre outras)

No mes de Nadal elaboramos unha árbore con pratos e as pegadas das nosas mans e os nosos nomes.

Polo día da Paz realizamos unha árbore con pombas da Paz, as cales tiñan diferentes mensaxes de persoeiros relevantes.

Polo día da árbore plantamos unha cerdeira no patio e na aula elaboramos unhas cereixas troqueladas.
 


Durante o terceiro trimestre elaboramos un proxecto (“As árbores do noso patio”)no que se desenvolveron diferentes aspectos tales como: árbores altas/baixas; árbores froiteiras (pexegueiro); árbores con tronco groso/delgado; os cambios nas árbores co paso das diferentes estacións.







Os alumnos e alumnas de tres anos investigaron coas súas familias e elaboraron verdadeiras obras de arte. “Árbores con colorido e imaxinación”.





Como broche final a todo este traballo que xira en torno ás árbores, os nenos e nenas de tres anos ao longo do curso, xunto coa mochila viaxeira, realizaron viaxes coas súas familias (Actividade: “Coñecendo Galicia en familia”). Nestas visitas sacaron fotos con árbores moi diferentes. Nestas mochilas incorporamos diferentes contos nos que as personaxes eran árbores para que as lecturas acompañasen tamén o proxecto.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

contosdeArbores

Este proxecto trata de achegar aos rapaces de secundaria ao mundo da ilustración. A proposta era a de ler un conto que tivese como protago...