jueves, 18 de mayo de 2017

día das artes e as letras galegas

Xunto á conmemoración do día das letras galegas, este é o terceiro ano que tamén se conmemora o día das artes galegas, o 1 de Abril, promovido pola Real Academia De Belas Artes. Se nos anteriores anos foron o Mestre Mateo (2015) e Castelao (2016), este ano tocoulle a Maruja Mallo, unha das nosas pintoras máis coñecida e recoñecida, amiga de Alberti, Dalí, e como éste con influencia do surrealismo pictórico. A súa obra ten sido coñecida e recoñecida por museos de todo o mundo e quixemos rendirlle a ella e a Carlos Casares unha pequena homenaxe, coñecendo algo das súas obras e preparando un mural para lembrar a data.
















jueves, 4 de mayo de 2017

OsNososLugares



 Durante o curso os alumnos de 3º ESO fixeron fotografías das paisaxes dos lugares nos que viven. A intención era a de practicar a fotorafía paisaxística ao mesmo tempo que valoraban os lugares que habitan.
































lunes, 24 de abril de 2017

Día do libro

Propuxemos facer unha campaña de animación á lectura onde alumnas e alumnos escollesen un libro relacionado co tema das árbores, poema ou narrativa e buscasen un lugar diferente onde lles gustaría ler. Ao mesmo tempo creamos un bosque de bidueiros onde se fosen colocando as follas cos títulos e os autores dos libros escollidos, Este proceso grabámolo dende as TIC de 4º.











contosdeArbores

Este proxecto trata de achegar aos rapaces de secundaria ao mundo da ilustración. A proposta era a de ler un conto que tivese como protago...