domingo, 12 de marzo de 2017

AsNosasPaisaxes

Con esta actividade pretendemos observar e estudar as árbores do noso centro, como inflúen na imaxe e nos espazos nos que convivimos a diario.

































Como primeiro paso, tomamos fotos de todas as árbores. Unhas en época de outono e outras ao comezo da primavera cando comezaron a florecer.





Consultamos con Loli, a profesora de primaria, que nos axudou a nomealas. A partir diso, buscamos información.

Recollimos follas e debuxámolas na aula





Finalmente, colocámolas na foto aérea do terreo do colexio.

jueves, 9 de marzo de 2017

dia da Muller: Mulleres-Árbore

8 MARZO


O día internacional da muller é unha data que se celebra en moitos paises. Todo comezou en 1908, onde morreron calcinadas 146 mulleres traballadoras da fábrica téxtil Cotton de Nova Iork nun incendio provocado polas bombas que lle lanzaron ante a negativa de abandonar o encerro no que protestaban polos baixos salarios e das infames condicións de traballo que padecían.
En 1910, durante un Congreso de Internacional de Mulleres Socialistas, a alemana Clara Zetkin propuxo que o 8 de marzo se establecera o Dia Internacional da Muller, en homenaxe a aquelas que levaron adiante as primeiras accións de mulleres traballadoras organizadas contra a explotación capitalista.



MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.
Unen as súas voces para defender as loitas históricas de todas as mulleres e os movementos feministas de todo o mundo. Denuncian o contexto político mundial: por parte de partidos sociais de dereitas, que expresan odio, racismo, intolerancia... tamén afrontan a agudización e a radicalización que se empregan para controlar os nosos territorios: corpo, terra, auga, bosques, coñemento e o noso pasado histórico.
Como ben sabemos, as mulleres do sur, as inmigrantes, as mulleres de cor, indíxenas... pagan cos seus corpos e co seu traballo o prezo do crecemento económico, sen ningunha recompensa.
As mulleres do norte e do sur, afrontan hoxe en día unha maior agresión contra os seus dereitos. (Que desemboca na explotación das mulleres) e causa traumas e mortes.
Estas razóns son suficientes para solidarizarnos con todas as mulleres do mundo.
Para celebrar un día internacional das mulleres, apoian a proposta dun PARO INTERNACIONAL DAS MULLERES.
“Mulleres en resistencia, construíndo alternativas para un mundo mellor”.










Mulleres-Árbore é unha proposta dende as TIC de 4º ESO na que o alumnado escolle unha muller referente para cada un deles e a identifica cunha árbore. Faise logo unha pequena exposición no centro para conmemorar a data.







Chove Feminismo é unha proposta a construír dende o alumnado de 5º ESO, onde realizamos un pqueno obradoiro onde falar de feminismo, de elaborar un lema e un logo que represente o día da muller, de rematar a colcha solidaria para expoñela de novo no centro e conmemorar a data do 8M.

lunes, 6 de marzo de 2017

a Imaxe de Curros Enríquez

Traballamos a imaxe de Curros enríquez, buscamos imaxes e tratamos de transformalas. Comezou sendo un exercicio de retoque de imaxes, pero acabamos buscándolle un novo sentido:






sería Curros un hipster se vivise na actualidade?





adornaría a súa barba con flores de árbores?




buscamos novas imaxes para traelo á época actual, como un xogo...

charla Arbores


"Árbores; a madeira e máis aló do infinito"  As árbores: beneficio, usos e productos.

Francisco Javier Silva Pando, Centro de Investigación Forestal de Lourizán






Así comezaba unha charla de Javier Silva, onde nos falou do seu traballo no centro de investigación Forestal de Lourizán, que máis adiante iamos visitar. O seu traballo e varias publicacións nas que traballou céntrase no estudo das especies arbóreas, e tamén tentou deixarnos clara a importancia da xestión dos bosque e o seu aproveitamento racional.

contosdeArbores

Este proxecto trata de achegar aos rapaces de secundaria ao mundo da ilustración. A proposta era a de ler un conto que tivese como protago...