O
día internacional da muller é unha data que se celebra en moitos
paises. Todo comezou en 1908, onde morreron calcinadas 146 mulleres
traballadoras da fábrica téxtil Cotton de Nova Iork nun incendio
provocado polas bombas que lle lanzaron ante a negativa de abandonar
o encerro no que protestaban polos baixos salarios e das infames
condicións de traballo que padecían.
En
1910, durante un Congreso de Internacional de Mulleres Socialistas, a
alemana Clara Zetkin propuxo
que o 8 de marzo se establecera o Dia Internacional da Muller, en
homenaxe a aquelas que levaron
adiante as primeiras accións de mulleres traballadoras organizadas
contra a explotación capitalista.
MARCHA
MUNDIAL DAS MULLERES.
Unen
as súas voces para defender as loitas históricas de todas as
mulleres e os movementos feministas de todo o mundo. Denuncian o
contexto político mundial: por parte de partidos sociais de
dereitas, que expresan odio, racismo, intolerancia... tamén afrontan
a agudización e a radicalización que se empregan para controlar os
nosos territorios: corpo, terra, auga, bosques, coñemento e o noso
pasado histórico.
Como
ben sabemos, as mulleres do sur, as inmigrantes, as mulleres de cor,
indíxenas... pagan cos seus corpos e co seu traballo o prezo do
crecemento económico, sen ningunha recompensa.
As
mulleres do norte e do sur, afrontan hoxe en día unha maior agresión
contra os seus dereitos. (Que desemboca na explotación das mulleres)
e causa traumas e mortes.
Estas
razóns son suficientes para solidarizarnos con todas as mulleres do
mundo.
Para
celebrar un día internacional das mulleres, apoian a proposta dun
PARO INTERNACIONAL DAS MULLERES.
“
Mulleres
en resistencia, construíndo alternativas para un mundo mellor”.
Mulleres-Árbore é unha proposta dende as TIC de 4º ESO na que o alumnado escolle unha muller referente para cada un deles e a identifica cunha árbore. Faise logo unha pequena exposición no centro para conmemorar a data.
Chove
Feminismo é unha proposta a construír dende o alumnado de 5º ESO,
onde realizamos un pqueno obradoiro onde falar de feminismo, de
elaborar un lema e un logo que represente o día da muller, de
rematar a colcha solidaria para expoñela de novo no centro e
conmemorar a data do 8M.